OS MATONS
O PPg no Parlamento actúa como os matóns. Cándo a oposición, como é o seu deber, pregunta algo que incomoda ó PP, o partido do goberno solta os cans e ameaza. Á pregunta do Deputado do Bloque sobre as viaxes de Feijoo e Rueda a Sudamérica, acompañados de amplos séquitos, como corresponde ó dos reis midas do rico e poderoso reino de Galicia, foi contestada ameazando a Aymerich con investiga-lo que eles chamaron o caso Currumeiro. Esta xente non entende o xogo democrático, aínda están nas cavernas e andan coa cachiporra ameazando á xente. Por certo Currumeiro era unha empresa, na que había algún accionista parente de un militante do Bloque, que prestou servicios de subministro pro Consorcio, o seu pecado e non haber sido recoñecida como unha empresa do PP.
Vázquez tamén lle fixeron o mesmo, incluso lle mandaron ás xuventudes peperas a siata-lo seu domicilio particular.
Similares tácticas lévanas a cabo en Madrid. Deste xeito, a nosa democracia erra na dirección, camiña pra atrás e de cu, en canto de ir pra diante.
3 comentarios
Gordorán -
Algúns medios de comunicación afíns tamén fan a mesma guerra sucia contra as políticas progresistas. Menudo tinglado teñen montado estes fascistas!!!
Ramiro -
Braulio -