Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

CARO

CARO

 

 

         Non podo dicir eu, si o emprego das linguas españolas, distintas da castelán, que supón un millón de euros, é un dispendio. Como di Feijoo, un despilfarro nestes tempos de dificultades económicas.

         Cando tanto se fala de separatismo, convén que non nos esquezamos dos separadores, dos que pouco se fala, e que esto o vexamos en clave política.

         Si as razóns pra opoñerse a este modesto incremento do gasto total do que supón o orzamento do Senado son razóns políticas e non económicas. Si unicamente hai un problema económico, de custe, suprimamos o Senado, porque nada se notaría na marcha política do pais.

         E sigamos, reduzamos gastos, suprimamos as Deputacións, concentremos os axuntamentos, suprimamos os Ministerios de Igualdade, Vivenda, Cultura, Relación coas Cortes.

         Digámoslle o sr Feijoo que deixe de dispalfarrar diñeiro en viaxes ó estranxeiro, que aforre en rotulacións e carteleira mudando de nome os órganismos, que non gaste un millón de euros en publicitar un decreto do galego, que tanta división causa en Galicia, que modernice a agricultura, pero que non cambie subvencións por votos. Os 86 coches novos que vai mercar solo se lle ocorre a quen non lle doe gastar. ¿En que quedou o despilfarro de Touriño? Así que menos cus no plástico, viaxar menos e gobernar mais.

3 comentarios

eu o autor -

Penso que o da racionalización admiinistrativa é interesante, falaremos delo

Boborás -

A racionalización administrativa que pretende o autor no blog está moi lonxe de se levar a cabo no noso país, ao meu parecer. A ver como se lle mete mán ao poder dos presidentes das deputacións (entes verdadeiramente inútiles e cheas de mafiosillos), ou como se fai para desmontar o reino de Taifas dos concellos galegos, a maioría deles sen recursos para prestar decentemente os servizos públicos básicos.
Ningún partido quere abrir ese melón porque sabe que non lles interesa perder parcelas de poder no eido local.
Se non hai cartos...pois recúrrese á pantasma da crise e da austeridade e listo.

Vandallo -

Para viaxes ao estranxeiro (onde pouco se nos perde, agás unhos votiñoas para a causa) e para paparoladas e outras festas sempre haberá cartos, para outras cousas máis necesarias xa se sabe:
recesión, crise e austeridade!!!