QUÉN NOS DEFENDE DOS TALIBANS
O Día das Letras Galegas está próximo. Este ano vaise celebrar baixo a ofensiva da Xunta, que tenta destruí-lo idioma galego. Queren sumilo nunha longa noite de pedra.
Xenocidio non é solo a eliminación física dos elementos humans da sociedade; tamén é xenocidio a eliminación sistemática do habitat e de todo o entorno cultural e étnico, pra facela irrecoñecible. Está clara a intención do PP de elimina-la memoria e de crear masas acéfalas. indirenciadas e serviles.
A plataforma QUEREMOS GALEGO está sendo acosada e perseguida pola Xunta, mentres o vento da represión enche as velas dos intolerantes, das organizacións de extremadereita, que ensaian tácticas de guerra ideolóxica en Galicia. Nese contesto, os debates parlamentarios no Pazo do Horreo soben de ton. O espécime que ameaza a oposición con facer públicos datos da vida dos parlamentarios si se opoñen ó exterminio do galego. Ameazar e coaccionar a un parlamentario co fin de coartar o seu libre exercicio está tipificado no Código Penal. O que non sei e como a oposición no o denuncia ó Fiscal. Os membros da Mesa do Parlamento están moi ben pagados; deben xustifica-los privilexios e defende-la la liberdade dos parlamentarios
Sen estrearse o curso escolar, xa se barruntan problemas pra aplicación nos colexios do decreto represor, o que tódalas Institucións informaron negativamente. A Galicia Monolingüe, organización inspirada en Torquemada, xa está azuzando os órganos represores pra que barran calquera atisbo de resistencia.
O Estado Español ten desprazado o exército en Afganistán pra protexe-lo mundo dos talibáns, mentres tanto, os talibáns domésticos atácannos sen que nade nos defenda deles. Dende San Caetano deséñanse e execútanse políticas represoras.
Hai unha crise económica, non imos a negalo, pero as arbores non poden impedirnos que vexamos o bosque e que loitemos na defensa do noso ser. Eles teñen que ocuparse da crise, e non utilizala como néboa encubridora das súas feitorías.
A cabeza visible, e presidenta do que la chama Galicia Bilingüe, nega a vinculación con sectores da ultradereita e co goberno da Xunta como algúns din. Non quito, nin poño, as coincidencias coas políticas da Xunta, ademais de ser evidentes, hai unha interacción de persoeiros de ambas formacións nas súas respectivas políticas; eso no que se refire á Xunta. Nade pode afirmar que “Galicia Bilingüe” sexa unha organización da extrema dereita como Falanxe, Manos Limpias, Libertad, etc. Polos seus actos os coñeceredes.
0 comentarios