Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

UN ANIMAL POLÍTICO

UN ANIMAL POLÍTICO

 

              Non lle importa de quén sexa o callo que pise; non ten reparos  en votarse flores. Con desparpaxo dixo que o Gürtel o descubrira ela, que lles cortara a cabeza ós corruptos. Certo que  reacciona con rapidez, é de caneo corto, procura apartar de si a porqueira, o que é de moita utilidade en política; o mellor por eso é tan valorada nas enquisas. Ten unha sombra no seu expediente o do espionaxe ós seus compañeiros de partido pra ter munición por si lles da por atrancarlle o camiño. Esperanza  debe o goberno de Madrid ós tránsfugas Tamayo e Sanz, dos que nunca   se volveu a falar, e sen que tampouco se soupera a cambio de qué. Os madrileños non son distintos de outros votantes e esqueceron os pecados orixinais de Esperanza.

            Non se pode dicir que a corrupción é algo marxinal e residual, cando vemos que é o xeito que algúns entenden de facer política, e solo aparentan reaccionar cando se lles descubre o tomate. Nembargantes, aínda que sexa por intres propio, apartarse do proceder dalgúns, que insisten en nega-lo evidente, aínda   que afoguen na merda, é de intelixentes,  hai que renderse e recoñece-las aptitudes pra sobrevivir.

             Rosa Díaz acusou os Deputados de vivir no privilexio de ter unha xubilación e outros beneficios, que distan moito do que poden soñar outros mortais. Neso ten moita razón. Unha cousa esqueceu, ela vai cobrar tres xubilacións; non renuncia a ningunha. Eso chámase ve-lo argueiro en ollo alleo e non ve-la viga no propio.

 

 

2 comentarios

Brandao -

Madrid, sitio distinto... A corrupción, o amiguismo, o nepotismo e outras lindezas van por libre na capital do reino. Se nalgún sitio os políticos son verdadeiramente inmorais e nun contexto como o madrileño onde se moven enormes cantidades de cartos, capaces de corromper ao máis pintado. De feito ningúen quere quedarse sen a súa porción da tarta, porque é moi golosa. Esa é a democracia que temos.

Volvoreta -

Totalmente dacordo co teu último parrafo. A baixeza moral de moitos deputados é manifesta, pero o Populismo e Demagoxia da Sra.Díez semella non ter límites. Xa sabedes: facede o que vos digo, e non o que eu fago...
Menuda cara teñen algúns!!!