Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

OS APATRIDAS no día das letras galegas

OS APATRIDAS no día das letras galegas

 

17 de maio

 

             Rueda  supérase a si mesmo e, incluso, ós grupos de extrema dereita, declarando: “os partidos da oposición, PSOEg e o Bloque, saen  á rua pra clamar pola dictadura.  O Consultivo avala  a política  de liberdade de Feijoo”. ALUCINANTE. Non me estraña que, mirándose o ombligo, vexa algunhos accesos á Función Público como unha cousa de mérito.   

             A Xunta di que o 17 de maio non hai nada que celebrar, Eso é o que pretenden os feijonianos, pra estas datas xa pretendían ter listo o proxecto de exterminio do galego. Pero van ter que esforzarse mais, van ter que ser mais malvados; mais de cinco centos anos gardando o tesouro da lingua, danlle forza a este pobo pra seguir protexéndoa.

            O Lorenzo non se pronunciou sobre o contido do informe do Consultivo sobre o Decreto de exterminio, pero dixo co goberno seguirá pra diante, obviando así o informe. O Conselleiro, malia tódolos informes en contra, séntese respaldado polos resultados electorais e pensa levar adiante o seu proxecto de exterminio.

            Os resultados electorais non so unha patente pra perverter un programa, xustificando unha medida oculta e diluida nunha proposta. Se pretende adoptar democraticamente esa medida, que se ateña o resultado da enquisa, que dun xeito específico fixo ós interesados. A que, por certo, foi clara e contraria o seu proxecto xenocida.

             As datas emblemáticas da nosa identidade: 17 de maio, día das letras galegas, 25 de Xulio, día  da Patria Galega. 17 de agosto, día de Galicia mártir, aniversario do asasinato de Alexandre Bóveda.  Son datas que os feijonianos non nos van impedir celebrar, aínda que é o que pretenden.

           Cando me refiro ós feijonianos, fágoo coa intención de diferencialos do resto do PPg; especialmente de aqueles do PPg que non comparten o ataque desapiadado de Feijoo ós símbolos    da cultura galega.  Algunhos preguntarédevos si hai xente o PPg que mereza consideración; quero pensar que si.

             Os feijonianos son xente sen patria, o seu único norte é o poder. Desexo, empeñémonos todos nelo, que ese poder sexa efémero. Polo ben de Galicia.

4 comentarios

SEGLZA -

O pobo galego defende a sua lingua, mentres o governo galego incumpre a sua obriga estatutaria de fomentalo. Un governo galego mais preocupado por impor a lingua da globalizacion (ingles), esa globalizacion destructiva que encabezan bancos e multinacionais, e que nos tentara levar cara un goberno mundial (Novo Orde Mundial)

Desiderio -

Pois eu prefiro quedarme co éxito da manifestación desta mañá en Compostela, a pesares do día festivo e que o calor e bo tempo convidaban a quedarse na casa a descansar ou ir para a praia. Polo menos que vexan que as súas políticas de exterminio do galego teñen contestación na cidadanía

Leborán -

Rueda é un fenómeno que non para de dar titulares cada vez que abre a boca. Xa cando estaba na oposición quedaba a cotío retratado, porque sempre que lle achegaban un micrófono soltaba unha parida, a cada cual máis ocorrente.
Dende logo a valoración que fai do infome do Consello Consultivo é para mexar e non botar gota.
Lémbrame a intervención de Esperancita en Madrid cando dixo que o Gürtel o destapara ela...e quedouse tan pancha.
O que hai que oir por non estar xordos

Verducido -

"Os feijonianos"...soa a película de marcianos de serie B, desas nas que o mundo é invadido por seres con intencións malévolas para abducir aos terrícolas, vaciarlle os miolos e facer que todos pensen igual.
O que pense de maneira distinta ao gran Oráculo é un disidente, por iso teñen que rematar con él. Un proxecto integrista aniquilador, de exterminio...