Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

QUO VADIS ZAPATERO

QUO VADIS ZAPATERO

 

             Aínda que foi un comentario sobre un tema pasado, e non encaixa co que imos tratar hoxe, e que tódolos comentarios aporta o seu, penso que o que se pega a seguir é interesante:

Autor: Verducido

"Os feijonianos"...soa a película de marcianos de serie B, desas nas que o mundo é invadido por seres con intencións malévolas para abducir aos terrícolas, vaciarlle os miolos e facer que todos pensen igual.
O que pense de maneira distinta ao gran Oráculo é un disidente, por iso teñen que rematar con él. Un proxecto integrista aniquilador, de exterminio...

Fecha: 17/05/2010 16:02.

 

            Gustaríame saber pra onde vai España, pra onde nos leva Zapatero, se este capitán de auga doce ten fixado algún rumbo, ou como di o meritorio líder da oposición, goberna a golpe de ocorrencia.

             Os recortes de Zapatero é un ataque ás persoas presas, reas do poder gobernante como son os  funcionarios, os xubilados e os dependentes. Son estes colectivos, con posibilidade case nula de negociación os que sofren o primeiro tesoirazo de Zapatero. O mesmo que as alimañas sempre atacan ó membro mais feble da manada, o goberno tamén ataca os membros da colectividade mais indefensos. Tanto é así que, a Vicepresidenta excluiu ás grandes empresas públicas: Navantia, Aena e Renfe do recorte salarial, porque estas empresas teñen poder de presión, poden poñer ó goberno  de xeonllos. O Eurogrupo non creo á Ministra Salgado, non  se fían de Zapatero. Foi moito tempo de escapismo, de circunloquios, de vender fume e perdeu toda credibilidade. O Eurogrupo adiou o pronunciamento dobre as medidas económicas de Zapatero á reunión da Comisión. Nada bo. Non é un bo presaxio.         

             Aínda que con oportunismo carrañento, o líder da oposición tiña razón cando dixo que a economía española é unha economía vixiada pola Unión Europea. Eso, que é algo sabido publicamente, da idea da desconfianza que xenera o noso presidente. Cada pouco saca un plan co que di vai ataca-la crise, pero o que fai e intentar, sen resultado, poñer parches, e dar voltas ó redor. O resultado dos seus parches é unha caída da bolsa e  unha cualificación menor  da débeda soberana. Os mercados non se lles pode enganar e non se fían del. Barrúntase que España vai ser un dos países mais endebedados

             Pra nosa desgracia non podemos esperar nada da oposición, porque está atizando a crise; pra eles canto mais mal mellor e, ademais, está sumido na corrupción maior, que  non ten comparanza mais que ca  caída de Roma.

4 comentarios

Chesca -

AS NEGATIVAS REITERADAS do presidente Rodríguez Zapatero a reducir o déficit ata esta semana levounos á indesexable situación en que dende a Unión Europea e Os EEUU dixéronnos o que temos que facer.
Dito isto, o paquete anunciado é insuficiente non só por escaso, 1% do PIB, senón porque non resolve o maior problema que nos apura, a falta de perspectivas de crecemento económico...
España necesita de forma imperativa ser máis competitiva e xa que non podemos depreciar a nosa moeda cara á competitividade, o camiño é obvio, temos que reducir os nosos custos laborais.
Segundo Eurostat, estes son un 15% máis altos que a MEDIA da Unión Europea e un 25% MAS ALTOS que os de Alemaña. España necesita facer unha reforma laboral de gran alcance e a pregunta é a que demos estamos esperando???. Esperemos que non sexa a unha resolución do Parlamento alemán ou a unha chamada de OBAMA.

Jt10 -

Pensar que toda a culpa do que pasa en España tena unha soa persoa, ou sexa Zapatero, é unha memez.
Desde o principio a estratexia de Rajoy foi personificar toda a política do PSOE en ZP e ao final todo o mundo caeu na trampa.
Pero o PP non quere liquidar a ZP, que no fondo non lle importa o máis mínimo, senón liquidar as ideas de esquerda en España e impor as ideas de Thatcher e Reagan.
E todos os que hoxe en día axúdanlle a denostar a ZP éstánlle axudando en realidade nesa liquidación.

Desiderio -

Quo vadis Zapatero?? Que se vaia para casa, e nos deixe canto antes. O pior de todo é que esta crise volverá a traer a dereita ao poder. E dicir que todo comezou pola avaricia do Gran Capital, e que teñan que ser os neo-liberais do PP os que nos teñan que sacar dela...
Manda nabo...

Refoxo -

Ainda que é dubidosa a respondabilidade de Zapatero na orixe desta grave crise, o que non admite discusións e a súa nefasta xestión da política económica no que levamos de recesión. De ter dilapidado unhos cartos que o Estado non tiña sen sentido, veñen agora as consecuencias dun déficit público inasumible, que obriga, mal que pese, a este tipo de recortes sociais.
Non é sentido da responsabilidade como algúns socialista proclaman...é que non queda máis collóns que facelo, porque non hai outro remedio. A veces pregúntome se os políticos nos toman por parvos?