Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

PES PRA UNHA CRISE

PES PRA UNHA CRISE

 

 

          Despois do plan de estabilidade de Franco, esta é a peor crise que afectou á economía española. Con todo, o mais grave non é a crise, que con ser moi grave, agrándase por un goberno incapaz de xestionala e dar solucións.

          Sabemos que as medidas que se tomen van a ser dolorosas, pero non é admisible que o goberno faga recaer o peso da crise unicamente sobre parte dun sector económico, mentres sequera se retocan os gastos esaxerados na complexa e extensa estructura administrativa. Así, mentres se mantén  un sinfin de Ministerios, perfectamente prescindibles, multiplicidade de organismos e Administracións paralelas, con chiringuitos que se xustifican a si mesmos pra sobrevivir, asesores a esgalla, que non teñen idea do que asesoran, pero que se manteñen por amiguismo, demonízase ós débiles.

          A solución da crise ten que socializarse, recaendo as medidas sobre toda a sociedade, tanto persoas físicas como xurídicas, e repartindo as cargas en proporción á capacidade.

          O inexplicable e que un goberno socialista grave o consumo coa subida do IVE, mentres se eliminan impostos como o de Patrimonio, que estaba directamente ligado á tenencia de bens, o imposto de luxo que gravaba a adquisición de determinados  bens, e  se dilúe a  idea dun impostos obre os beneficios. Eses impostos, aceptados socialmente, tiñan un alto poder recadatorio e fácil xestión, solo tiñan un defecto, recaían sobre os poderosos.

           Os xubilados, conceptuados como clases pasivas, xa deron a savia a sociedade, non se elles pode  seguir espremendo. Os  funcionarios se non producen mais non é culpa súa; pódese e débese reduci-lo número, conxelando o ingreso en certos sectores, pero non prexudica-los servicios públicos. Non se acomete, nin siquera se plantexa, a reducción de políticos e representantes sindicais, estes últimos, podémolos cifrar en 600, na Xunta, empresas da Xunta e do Sergas, ós que hai que engadir os seus substitutos. Tampouco se prantexa a súa reducción

0 comentarios