Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

ENGANA, MINTE...

ENGANA, MINTE...

 

 

           Os tan traidos e manipulados coches do Bipartito, quedan lonxe do gasto de case dous millóns de euros en seis meses que a Consellería do Medio Rural gastou en aluguer de coches. Tamén pro parque móbil se presupostaron case tres millóns de euros pra alugar vehículos, a esto aínda hai que engadirlle a compra de 58 vehículos. Moito coche de Deus. A flota de vehículos do Bipartito era obsoleta, aproveitaban demasiado os vehículos. O novo goberno, facendo gala da súa austeridade, cambiou toda a flota, pero alugando os vehículos a unha misteriosa empresa, da que no imos dar o nome, nin as vinculacións, á que se derivan as peticións. Os beneficios, ó haber un solo provedor, de adxudicación directa, son fabulosos. Con dicir que é o provedor é o que fixa os prezos. O Parque móbil é un pozo escuro; o  do aluguer debe ser un buenísimo negocio. Xa hai mais no chollo.

          Hai unha empresa, que en campaña lle prestou un coche a Feijoo, e agora está facendo o agosto; por parte da empresa é habilidade comercial. Camps está sendo  encausado por tres traxes.

          Pontevedra, finca de Telmo, do Presidente da Deputación e do mesmo Feijoo, tamén ten a curiosa honra de liderar un subministro de pezas de reposto pros vehículos da Xunta cun sobreprezo superior o 200%. Si, douscentos por cen.

           Cando se vive no medio da meirande crise que se recorda, dende o 29, estas alegrías no gasto, parecen obscenas.  

            Hai, nesa esterqueira, moito mais lixo. Feijoo é un gran fornecedor de bos negocios. Os gobernados, cunha boa manipulación son mansiños e obedientes

1 comentario

Leborán -

Para algúns non hai crise, e para outros non se sae dela. A habilidade para sorteala vai parella aos contactos políticos que teñas. É algo que xa se sabe de vello, nas guerras e nas crises é cando se fan as meirandes fortunas