FACENDO POBRES
As políticas neoliberais foron tradicionalmente recetas da dereita, pero, dende fai tempo, os partidos que teoricamente concibíamos como mais sociais, veñen practicando unha política fiscal, que se alonxa moito dun modelo distributivo das cargas. Aínda que o mais inmediato é esa reducción do déficit, e neso temos que estar de acordo, porque no lo impoñen dende Europa; o que resulta indignante é que todo o peso da solución da crise a faga recaer sobre os débiles, creando mais pobres.
O modelo Zapatero acabouse. Se o PSOE quere ter unha mínima posibilidade de rete-lo poder, úrxelle desprenderse de Zapatero
As erráticas políticas económicas, dende que se marchou o anterior Ministro de Facenda, solo é superada polo descrédito internacional que colleita o goberno español. A magoa é que a oposición tampouco esperta confianza nos foros internacionais, e a nivel doméstico, se prescindimos das vaguidades e da salmodia indescifrable de Montoro e Cospedal, descoñecemos a súa proposta. Se nos atemos os indicios cos que nos deixan asústannos mais.
2 comentarios
Anp -
Anónimo -
Saúdos desde Bilbao