SUPRESION DO CONSORCIO
Ós concellos non soamente lles cortan as alas da financiación, tamén se modifican unilateralmente as canles de colaboración coa Xunta.
O Consorcio era un órgano no que non solo participaba a Xunta, senón tamén os concellos; dun xeito especial os concellos pequenos. No Consorcio os axuntamentos tiñan voz e voto, como socios que eran. A disolución unilateral do Consorcio pode ter consecuencias de un acordo ilegal, pero a Xunta confía en que os concellos non rechisten, pra eso creou un fondo de apoio económico ós concellos, que o repartirá discrecionalmente. Se algún concello ousa protestar sabe as consecuencias, pero a política da Xunta pódese volver contra súa, n medida en que intente afogar a algún concello.
Axencia e Consorcio eran dúas cousas distintas. Mentindo tanto van ir ó inferno; nos xa estamos nel.
Xa que os concellos se atopan chantaxeados, tería que se-los Deputados os que impugnaran a disolución do Consorcio.
Con toda seguridade a asistencia a dependentes e outras obras sociais serán as primeiras víctimas duns concellos débiles, a menos que lle rendan obediencia e servidume a Feijoo.
O concepto feudal e patrimonial que Feijoo ten da Xunta vai ser a norma desa relación clientelar cos concellos. Este concepto patrimonial reflíctese nesa doazón de 120.00 euros ó representante do PPg en Venezuela. Un diñeiro de tódolos galegos. Feijoo dispuxo partidistamente del, porque pensa que a Xunta é súa.
Cando lle pediron a Feijoo explicacións no Parlamento respostou iradamente, acusando á oposición. A min recordoume a sesión do Senado da comparecencia de Zapatero, cun gamberrismo nas bancadas do PP, que nada ten que ver coa seriedade que se require das Institucións.
0 comentarios