FACENDO POBRES
O ATRACO.-As medidas de Zapatero pra reduci-lo déficit son como unha triloxía.
Se as cousa seguen así, o da viñeta non vai ser algo ficticio, vainos levar a un mundo sórdido, no que todo é posible.
Os funcionarios non teñen uñas; porque ós mengüados salarios impónselles un recorte pra arranxar unha crise que non crearon e teñen que come-las uñas. Haianos mais osados, que non dubidan en asaltar un supermercado, pero son os menos, porque os funcionarios sempre foron xente de orden.
A compra compulsiva, tirando de tarxeta, en lugares con estanterías repletas de productos,acabouse.
Tódolos males dun pais en ruínas preténdeno arranxar á costa dos funcionarios e dos pensionistas, empobrecendo mais ós pobres. Os grospanzas, pra que non se diga, tamén se baixaran o soldo; solo espero que non fagan o mesmo que Feijoo, que lles baixara o 3% pero compasóullelo por outro lado.
OS ESMOLEIROS.-Paseando pola rua, atopeime a un famélico esmoleiro, votei man ó peto pra darlle unha moeda, foi un acto reflexo, do que espertei cando non atopei nada no peto os meus petos estaban baleiros; limparamos Zapatero. Aquelo tróuxome ó recordo a fábula de Samaniego, e decateime que por ai fora hai mais pobres que eu. A sorpresa aínda foi meirande cando comprendín que o que pedía esmola era Ramón. Ramón fora compañeiro meu de Trallo. Ramón xubilárase fai uns meses, a pensión non lle alcanzaba mais aló de mediados de mes. Agora pedía esmola pra chegar a fin de mes
O CONSUMO é a terceira pata pra reducción do déficit topamos coa subida do IVE. Aqui non solo o goberno se apunta, algunhas marcas están tan ansiosas por incrementa-los beneficios, que incrementaron os prezos coa escusa do incremento do IVE, a avaricia non ten límite.
Non importa o motivo, hai moitos que queren meternos a man no peto.
Se baixan os salarios dos funcionarios e as pensións, o mesmo tempo que soben o IVE resentirase o consumo, haberá un estancamento da economía maior da economía, o caso é quitarlle o alpiste ó loro, que é o mais débil da familia.
2 comentarios
Montxito -
Concretamente, ese plus de altos cargos que hai uns días decidiron non recortar.
Si me baixo o soldo pero conservo o plus...
O que vos digo, eiqui todo vale... Tanto ten pirixel coma fío negro...
Anónimo -
Co que cobran eles, ben poden