ETICA
Feijoo tivo un cara a cara con Pachi Vázquez, no que lle reiterou o compromiso ético do seu goberno. Vázquez pediulle que explicara as contradiccións do seu goberno co que prometeu no discurso de investidura. A selección de persoal, onde está dando exemplos de sectarismo solo superados polas subvencións ós concellos afíns. O xeito do que o PPg responde as acusacións foi acusando o PSOEg de chanchullo de subvencións a Entidades Agrarias afíns. A reacción do PSOE foi denunciar no xulgado ó portavoz do PPg. Neste peloteo, os cidadás rasos asistimos alleados ós riferrafes dos políticos.
A ética é propiedade de Feijoo, non sabe en que consiste, ou semella non sabelo, pero usa a menudo esa palabrexa. Non sei si é certo o dito: “dime de que presumes e direiche do que careces”. Claro, débese referir á ética como unha parte da filosofía, o que non supón que se tome como un xeito de conducta. A ética de Feijoo é a utilización de calquera medio, calquera, pra conseguir un fin.
Vimos, e lemos, nos xornais a rebusca dos parlamentarios do PPg nos arquivos de San Caetano na procura de papeis que fundamentaran a súa acusación.
O PSOEg retou ó PPg pra que abrira unha comisión de investigación usando a súa maioría parlamentaria; parece que o PPg non vai recoller ese guante. De calquera xeito, as Comisións de Investigación non teñen antecedentes de resolver nada, sobre o que á maioría no lle interese.
Feijoo, na linea da campaña electoral, dixo que lle preocupaban os mais de 200.000 galegos en paro. Non deixa esa preocupación de ser unha demagoxia, visto o incremento do paro.
A conselleira de traballo, responsable de xestiona-lo paro, respondeu á interpelación parlamentaria que lle fixeron sobre a promoción do emprego, como se quixera morder o interpelante, e ameazándoo con represalias. Non sei si hai algún pais, dos democráticos, nos que o goberno teña estes comportamentos. Coido que, en política comparada, a actitude do PP debe ser un caso moi singular.
2 comentarios
Verderolo -
Os galegos somos litigantes por natureza. Asi que nos agardedes outra maneira de facer política no Parlamento.
Serpe -
Chegados a este punto, prégovos que comparedes o papel dos representantes dos galegos na cámara autonómica (ou mellor ainda, dos representantes de Galicia nas Cortes -mudos, como no caso dos partidos de implantación nacional, ou amordazados, como no caso dos bloqueiros), co papel que xogan os representantes cataláns e vascos.
Van dende o protagonismo facendo ruido, como o baso de ERC ou o PNV, ata o nacionalismo revestido de sentido do Estado de CIU.
Se tedes tempo reparade nas intervencións de Duran i LLeida no Congreso...todo un despregue de senso común.
Pódese ser duro sen caer na vulgaridade nin ser chabacano.
Por iso Catalunya xoga na Champions, e os nosos non pasan de rexional