Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

UNHA LUZ NA NOITE

UNHA LUZ NA NOITE

Hai unha enquisa colgada

             

           Galicia pais idílico, faro do mundo mundial, dende que goberna Feijoo. É retratado o fenómeno Feijoo nun artigo do profesor e politólogo Barreiro, que se publicou no xornal A NOSA TERRA.

           O artigo ten a xenialidade do autor, que destaca, en clave irónica, o afán de notoriedade de Núñez Feijoo, convertido nun engreido personaxe que se cree a súas propias fantasías, levando o pais a un precipicio sen retorno.

           O famoso plan Feijoo, sen concretar, pretende, basicamente, converxer con Europa. O horizonte do 2020, que se fixa como obxectivo, da idea da ridiculez do plan.

            A pretensión de Feijoo ten algo de orixinal, o normal é  que Europa queira converxer con Galicia, non ó revés; un pais que  ten a  sorte de ser gobernada por un líder único, irrepetible, onde a xente é feliz. O esencial dun gobernante é facer feliz á xente, hai que ser un titiritero,un actor de feira, vender fume, conxeladores no Polo Norte. Eso a Feijoo dáselle ben. O pobo gústalle que o fodan, con fundamento.

           O artigo vai mais aló do plan Feijoo e pon de manifesto o egocentrismo e a egolatría do líder popular, pregúntase cómo é que os membros do Club Binderberg non o invitaron ás súas xuntanzas, cómo é que descoñecen a valía de Feijoo. Por certo, Aznar non conseguiu que o invitaran, pero aí está Berlusconi con esa Univesidade pra políticos na que Aznar, Blair e Busch serían os profesores.

          Un artigo que recomendo ler. O enderezo é: www.anosaterra.org. Pero si queredes póñovolo aquí, ou profundizamos nalgunha cousa.

3 comentarios

Anónimo -

Ten que ser moi iluso, ou tomarnos por moi inocentes, para despregar un plan de reactivación económica tan oco como o presentado esta semana.
Eso é o que eu chamaría un brindis ao sol. Quen non o coñeza que llo compre

Sartalo -

Botafumeiro, o autor xa o di na entrada, se te fixas. É un artigo de Barreiro que publicou hai uns días, e que está moi atinado.
No tocante ao tema de hoxe no blog, efectivamente, queren verdernos a burra de que converxemos cara a Europa, non de que a crise a nivel da UE, e o menor crecemento da poboación galega fan que os indicadores tendan á converxencia.
Sen embargo, calquera un pouco avisado decatarase de que en canto as tornas da economía muden, a distancia entre Galicia e o resto de Europa volverase a agrandar.
Ai, Freijolito...moi fantasmiña eres!!!

Botafumeiro -

En A Nosa Terra escribe moita xente. A min non que me quedou claro cal recomendas...