Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A SANTA COMPAÑA

A SANTA COMPAÑA

Hai dous Barreiros que escriben na Nosa Terra, o que eu digo asina como M. Barreiro, na foto que sale del ten barba e sen pelo.

 

         A Xunta, en mística procesión, non regatea esforzos, nin medios, en buscar unha financiación ilegal do PSOE, que o seu portavoz, Rodríguez Miranda denunciou, nunha comparecencia. A denuncia non tiña consistencia, foi unha bravuconada que, parodiando a Feijoo, diríamos que pinta mal, moi mal.

         O intentar desvia-la atención mediática do asunto de Gondomar vaille resultar custoso ó PP.

         Poñer a Administración ó servicio do PP, tanto en San Caetano como a visita simultánea dos Servicios de Inspección de traballo a 13 sedes de Unións Agrarias, ten indicios da comisión de varios delictos.

         A utilización dos medios de comunicación da Xunta como instrumentos de propaganda do PP, en lugar de  dar unha información rigorosa, evidencia a súa tendiosidade política, que os desacredita.         

1 comentario

Pontevedrés -

Hai un bo tempo que Rodríguez Mirinda puxo o ventilador a ciscar merda por todos lados, para confundir ao persoal, e aliviar a presión mediática sobre o caso de Gondomar.
Señal de que é un asunto que lles preocupa!!!