Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

LEÑA NA CAMARA

LEÑA NA CAMARA

 

         PP e PSOE déronse leña na Cámara do Pazo do Hórreo, facendo do lugar un calexo escuro dun barrio portuario. O debate non era tal, ámbolos dous xefes de Grupo: Feijoo e Pachi Vázquez interpretaban monólogos e evitaban escoitarse. As bancadas apupaban o seu líder, patexaban e aplaudían; era seareiros, autómatas sen criterio; a festa está montada así.

         O BNG asistía atónico, sen intervir, porque a regueifa era entre dous. Nesta pelexa estamos todos implicados, é imprescindible que tomemos partido. Como dicía Bertolt Brecht non podemos facernos alleos ó debate, porque o que se considere a salvo non o estará, a volta do camiño irán a por el.

         Feijoo defendíase atacando, non respóndeo a ningunha pregunta; no canto deso acusou ó interpelante de todo, bueno de todo non, faltoulle acusa-lo do cambio climático, mesmo votou man de traer a colección a Zapatero, que non pintaba nada no debate, pero servía pra irse polos cerros de Úbeda.   

         A liorta que se montou no Pazo do Hórreo poñía colorados ós da Tribuna. Feijoo pediu desculpas polo espectáculo, mentres Pachi Vázquez dicía que o espectáculo se houbera evitado si Feijoo acudira á Cámara pra responder ás interpelacións.

         Liorta á marxe, si non quedou nada claro ningún dos temas de debate, porque Feijoo non acudiu con ánimo de responder, unha cousa si quedou clara, a pouca calidade parlamentaria.

    

4 comentarios

Lorcho -

Non, home non. O Parlamento de Galicia está mal aproveitado. Non é que haxa moita caña...tiña que haber máis.
Eu imaxínome o tinglado como un circo romano...cos deputados medio espidos con taparrabos de coiro, cascos de aceiro e tridentes con puntas afiadas, ou redes de mariñeiros, para o fragor da liorta.
Evidentemente, o papel da presidenta deixaría de ser moderador. Tería que ter un látigo enoooooooorme, co que chegara ata os escanos...e cando a cousa se calmase, ZAS!!! Lostregazo e a seguir ruxindo, que o persoal abúrrese e quere ver sangue!!!
Ah, e ao final, que soltaran aos leóns e os paparan polas pernas a todos...que total para o que fan, pouca cousa se perde.
(Por certo, imaxínome ao cónsul Quintana deitado no diván arrodeado das súas concubinas, mentres lle abanean)
A que é boa a idea??

Pontevedrés -

Estas esceas a min lémbranme cando a xente se xunta, supostamente para acordar algo, e logo remata nun monólogo dos intervintes, onde cada quen tan só quere escoitarse a si mesmo.
Menos mal que era unha sesión de control, porque ao final ficaron todos descontrolados...

Sartalo -

Leña ao mono, que é de goma.
Xa que non serven para outra cousa, a ver se polo menos dan un pouco de espectáculo para divertirnos.
Faltaba Xosé Manuel Beiras, para rematar de liala parda...xa estou vendo o zapato de marras voar cara a cachola de Feijoo

Bértola -

A escena do outro día no Parlamento foi vergoñenta. Ata Feijoó tivo que saír a pedir disculpas pola refrega, sen dúbida aconsellado polos asesores.
O papel dos deputados, actuando como verdadeiros siareiros de partido (partido de futbol, non partido político), e non como representantes dos galegos, é para esquecer.
Con este nivel na política...eu pregúntome a onde imos chegar!!!