¿ÚLA?
Algunhas institucións perderon a credibilidade. A xente xa non segue ós líderes sindicais como se foran ovellas. Os sindicatos, acomodados nunha situación de privilexio, non se inmutaron por un paro do 20%, e en dous anos foron incapaces de acordar unha reforma laboral, polo que se gañaron a pulso a súa fama.
O sindicalismo español recorda ó sindicalismo vertical; son protexidos do goberno, comen na súa man, a súa independencia e profesionalidade queda minguada, dende o momento en que reciben unha forte axuda económica do Estado pra subsistir. Esto, xunto coa protección xurídica dos seus membros, convérteos nunha casta privilexiada, allea ós problemas dos traballadores. Si hai unha folga a eles non se lles desconta nada, si hai despedimentos son os últimos ós que lles afecta; por eso os traballadores vennos con récelo.
As medidas económicas restrictivas, o mesmo que as reformas laborais son impostas dende fora, o que lles mingua calquera reacción.
As reformas laborais son entendidas de distinto xeito, segundo quen as analice: Pros empresarios solo centran a reforma no despedimento libre; os sindicatos navegan nun mar de indecisións, e o único que lles preocupa perder protagonismo. Si se quere inventar algo novo, distinto do noso entorno, iremos mal. Do que se trata é de alivia-la carga sindical, que a negociación dos convenios sexa por empresas, non por sectores productivos, que se limite a contratación temporal, ó mesmo tempo que se rebaixen os privilexios dos contratos fixos, e se simplifiquen as modalidades de contratación; e sobretodo formar a man de obra.
Os sindicatos está nun camiño de fuxida empéñanse en que cada vez os comprendan menos. Seguro que hai razóns, segundo un criterio sindical, pra unha folga xeral, pero pensar que o goberno vai retira-lo Decreto, non deixa de ser unha chorrada. Non asumen responsabilidades propias, non dan solucións, solo nos prometen a folga; elesir que o sana todo.
0 comentarios