LOA OS MORTOS
É unha constante, sempre se é bo despois de morto. En parte pódese considerar que é camiño mais axeitado, xa que non ten sentido facer unha crítica do morto, entre outras razóns, porque non se pode defender. Pero tampouco ten sentido que fagamos do morto unha fonte de virtudes. Nin unha cousa nin outra, deixemos que os mortos repousen no descanso eterno.
O desexo de que os mortos repousen no descanso eterno, nada ten que ver conque a historia conte os feitos mais salientables da vida dos que formaron parte dela.
Vitorino Núñez foi un home de Franqueira, que foi o que o lanzou o estrelato da política galega; non creo que respondera con lealdade o seu mentor; aínda que hai unha cousa, ó marxe deste feito, que merece a pena ser recordado: O amor ó pais implica antepoñelo o dun propio. Gracias os seus oficios evitou que se consolidara unha formación nacionalista similar a Converxencia, I Unió, entregándolle o poder a Fraga. Esto mereceulle a súa promoción a cargos na autonomía. Que cada quen xulgue.
Non é nada bo que Feijoo saliente do finado solo dúas cousas: o seu apoio ó PP, e a el mesmo.
Que descanse en paz, e a cada quen o seu.
1 comentario
Anónimo -
Feijoó gavouno como un dos arquitectos de Galicia. Se cadra quixo dicir facedores do poder hexemónico do pp fraguista durante tantos anos...