CHEIRO A XOFRE
Con ameazas, como é típico neles, os xunteiros suprimiron o Consorcio. Como tiña que acordarse pola maioría dos membros do Consorcio, amenizouno ós concellos, e todos foron baixando a orella, acordando a disolución do Consorcio.
O argumento definitivo pra que os alcaldes apoiaran a decisión da Xunta foi a posibilidade de que os alcaldes decidan a quen contratar pros Centros. Non se pretendía unha racionalización dos servicios de asistencia, como dicía o PP; senón a obsesión da Xunta por borrar todo o que fixo o goberno anterior. Non reparou en contradicirse e desorganiza-lo Consorcio, converténdoo nun reino de Taifas, no que cada Alcalde reinará.
A obsesión co cheiro a xofre e a propensión natural do PP a gobernar caciquilmente, lévanos a este viaxe.
A outra compoñente foi a distribución de fondos dende a Xunta; así, algúns concellos reciben pra emprego vinte veces mais que outros. Nun bo goberno os fondos distribuiríanse en proporción ó número de parados; pois non, a color foi mais determinante. Sen comentarios que engadir.
1 comentario
Bértola -
Sospeitoso, moi sospeitoso...sospeitosísimo!!!