NON É TRIGO LIMPO
O Delegado da Consellería de Infraestructuras en Pontevedra non é, precisamente, un exemplo de limpeza; é a antíteses da austeridade que vendeu Feijoo.
O mellor alguén aínda non se enteara, pero a posta en papel de periódico deste político, revela un feito de sobra coñecido, pero moi manipulado; as Consellerías seguen tendo Delegados Provinciais. O aforro de Feijoo consistiu en cambiarlles o nome, conseguintemente a rotulación e papelería, e subirlles as retribucións.
O señor en cuestión conta co apoio de Louzao; con eso basta pra retratado, mellor que a situación. particular; de feito, oín falar de xente con ostentosas residencias, con discoteca particular incluída e o que os xulgan é pola súa vida privada. Como político, o tribunal principal é a voz do pobo. Non importa como estea o medio ambiente, a vivenda ou as infraestructuras. O pobo falou. s político o seu e os votantes que se amolen.
0 comentarios