XA NON VAI SER UN MAUSOLEO
De xeito algún quero despreza-la cultura, pero calquera ve que a Cidade da Cultura é un disparate colosal.
Cos pes no chan, non é defendible o emprego de cantidades astronómicas de diñeiro nun proxecto cultural, que aínda non está definido, mentres o pais languidece na miseria e asulugado coas necesidades
Estou dacordo co uso que a Xunta lle vai dar ó complexo, aínda que eso supoña unha adaptación, incluso o cambio de nome. Que se centralice alí centros tecnolóxicos e de investigación. Será a única maneira de construír algo con visión de futuro. Postos a innovar debían redifinir o proxecto e centralizar alí tódolos servicios administrativos. da Xunta. O mesmo tempo, constatamos o fracaso dun proxecto megalómano dun Fraga, que no seu declive, quixo deixar a súa pegada na historia de Galicia. A que se pretendía fora a Cidade da Cultura, un pozo sen fondo orzamentario e sen proxecto definido, será unha pegada na historia, na que quedará de manifesto a ma¡la xestión do PPG e o desbaraxuste da súa administración.
0 comentarios