Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

os bos e xenerosos

os bos e xenerosos

 

         Solo os bos e xenerosos, como di o noso himno, asumen e comprenden  o compromiso de vida co pais. Temos que convivir cos deconstructores das tradicións, cos negadores da realidade, cos aducidos polo lado escuro.

        As Glorias Lago. Os Feijoo, son accidentes transplantados a Fisterra dende algún lugar do espacio, son inxertos do  mal, que intentan colonizar as  mentes dos galegos.

         Proclamamos un galeguismo integrador, fronte a ese chamado galeguismo amable de Feijoo e Gloria Lago.As diferencias entre un e outro non son sutís, son claras conceptos da convivencia. Mentres dende a integración se busca o acomodo na realidade do pais, de formas de. ser        e pensar distintas das tradicionais galegas. Dende o “galeguismo amable” de Gloria Lago e de Feijoo, pretenden unha domesticación do galego pra arrinconalo e deixalo como algo residual, eliminando calquera signo de resistencia.

 

1 comentario

Rubiáns -

Noraboa polo artigo de hoxe. Gustoume moito o de "deconstructores" para os españolistas radicais de Feijoó, Rueda e demaís elementos