A MULETILLA
Menos mal que gobernar, o que se di gobernar, non é unha actividade principal de Feijoo, o seu tempo, na meirande parte, pásao fora de Galicia, ou tratando asuntos que nada teñen que ver co seu cometido como Presidente de Galicia. Non teño escoitado a ningún Presidente autonómico tratar asuntos de política estatal e internacional, cousa que é propia dos políticos estatais. Feijoo busca horizontes mais amplos que os de Galicia, non lle importa ningunea-los líderes do seu partido. Necesita facerse notar fora de Galicia. As ovellas do seu feudo tenas tan domesticadas e aborregadas que non precisan pastor.
Escoitarlle a Feijoo pedir que Zapatero Adiante as elección, ou falar de asuntos de macroeconomía produce magoa. Si se dedicara a gobernar pros galegos sentiríamos que temos un Presidente, e el non faría o ridículo.
A mais de prodiga-las súa dotes de estadista, de cando en vez vota man da socorrida muletilla e cara contra a financiación das autonomías, que non nos esquezamos el mesmo asinou , a veces acompañado por persoeiros como Camps, que ten a súa comunidade baixo alarma roxa pola súa mala xestión económica.
Cando os presidentes das CA se preocupen dos ingresos, non solo de gastar, será o momento de falar de financiación.
0 comentarios