Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A CASTRACION

A CASTRACION

 

              Ó mes de sentarse na cadeira de Presidente, Feijoo mudou de oficio, sacou a coitela de capador e o chifro e dedicouse á castración de todo o que lle cheirara a galego.

              A RAG espertou do seu sosego, e a axitación dos membros da Academia, dende entón, foi constante. O punto culminante podémolo situar no pasado encontro de Celanova, no que o seu Presidente Barreiro lle reprochou á cara a Feijoo a división que estaba creando no seno da sociedade civil coa súa política de persecución do galego. Barreiro, home nada sospeitoso de extremismo, tocoulle dar ese inusual toque de atención, feito, que foi un doloroso momento pro Presidente da RAG, porque era a primeira vez na historia da RAG en que o Presidente, co asentimento unánime, repito unánime, dos académicos se vía na obriga de saírse dos límites das relacións protocolarias pra dar un puñetazo na mesa, Nada, desde ese día xa será igual.

              O nomeamento de Méndez Ferrín, como Presidente da RAG non foi do agrado de Feijoo, o seu perfil dista moito dos soños de Feijoo. Feijoo quixera ter de Presidente da RAG a alguén parexo os seus conselleiros; houbera sido feliz de ter a un Presidente como os Conselleiros de Cultura e Educación. .Houbera reunido o triunvirato perfecto. As descualificacións, os ataques e as insidias sen fundamento son propias dunha persoa mendaz e de poucas luces.

            

0 comentarios