A TOURADA QUE PAGAMOS
Blanco, Rajoy, Feijoo e outros gros panzas asistindo, de gorra, á Corrida de touros da Peregrina en Pontevedra, formaban unha postal de verán que irrita, incluso ós aficionados ós touros.
Sen entrar na conveniencia da autorización, ou da prohibición deste sanguento espectáculo, indígname que eses caras duras non paguen a entrada, como os demais espectadores, e lles paguemos a entrada entre todos.
Quizá se deberan prohibir este tipo de espectáculos; pero o que non me cabe ningunha dúbida é que non debían subvencionarse con diñeiro público como fai o Presidente da Deputación de Pontevedra. Se pra esto serven as Deputacións, teríamos unha razón mais pra suprimilas, e que o Presidente volvera de Bedel o axuntamento de Ribadumia, que é onde procede.
1 comentario
Donicela -