CARA DE ASCO
UN MES SANGUENTO
Cara de asco, de desprezo e de autosuficiencia, foi a actitude de Feijoo cando lle preguntaron sobre a admisión a trámite do recurso contra do decreto do galego.
Con esa actitude de desdén respondeu Feijoo cando lle preguntaron polo recurso contra do seu decreto xenocida da cultura galega.
“ Xa o esperaba”, referíase á interposición do recurso, co cal evidencia que sabe, ou ó menos supón que o decreto é polémico e bordea a legalidade,.
Feijoo e o portavoz do Grupo Popular dan por feito de que o representante da Mesa terá que pedir perdón por non aceptar unha decisión democrática, porque o recurso vai ser desestimado.
Catro dúbidas: ¿Controlan e condicionan as resolucións xudiciais ? . ¿Saberán o qué é democracia?. ¿Lerían os clásicos?. ¿Saberán ler?.
O Director de política lingüística, persoeiro singular, declara que a interposición de recursos contra do Decreto é unha mostra de que algúns non respetan as decisións democráticas. Esto demóstranos que, ademais de que temos un goberno de alieníxenas, son ignorantes..
1 comentario
Anónimo -
LAMENTÁBEL!!!!