¿CAL É O FIN?
Os criminais non se toman un dia libre, eu tampouco
Cando o eco da traxedia aínda está aí, a Xunta, excepcionalmente, deu unha cifra de hectáreas calcinadas, que dista moito da real. ´E posible que esta seudoinformación sexa un truco mais da política de ocultamento de datos que practica o goberno de Feijoo.
Diversos colectivos relacionados coa natureza resaltan a pouco eficaz política de loita contra do lume. A Xunta, din, centra a súa política na extinción e despreza a prevención. Non se incentiva, nin se esixe a limpeza en fincas privadas, tampouco se limpa o monte comunal. ¿Daquela que esperamos?. A política do lume é a que sempre levaron os gobernos do PP. Unha política que fracasou, ano tras ano; a mesma que estivo nas orixes dos incendios do 2.006. Catástrofe ecolóxica esta dos incendios, que arruína os nosos montes, o mesmo que o acoso o noso mar, con vertidos e embarrancamentos non menos criminais.
Con cara de cinismo e xesto teatral, compareceu Feijoo, pronunciando un discurso institucional, sen admitir preguntas, e instando a colaboración da oposición na loita contra da praga incendiaria. A oposición pronunciouse e condenou os feitos que deron orixe á traxedia, lonxe da súa política mezquina do 2006, que acusou ó goberno das mortes habidas; incluso algún cargo local do PPg montara un chiringuito, os peperos son especialistas en chiringuitos, ecolóxico pra acosar ó goberno de entón. A Intervención de Feijoo non foi moi convincente, non recoñeceu responsabilidades, nin erros pasados ou presentes. Feijoo está destruíndo silenciosamente ó pais, non é solo o sector forestal. A política agraria, o mesmo que a acuícola, a enerxética, a sanitaria, de infraestructuras, etc están concibidas como negocios especulativos
Todo ocorre nunha Galicia feliz, na que todo se oculta e se manipula; os nenos do urbano pensan que a leite nace nos centros comerciais, o marisco e de cor roxa, os mares infindos e o Presidente da Xunta un home sabio e traballador, que nos libra dos roxos e dos nacionalistas.
6 comentarios
Anónimo -
¿Non lle caeu a cara de vergoña, ao ver ao día siguinte nos medios de comunicación, esta ridícula estampa, auténtico boomerang do obxetivo que este tío e os seus pretendían?
Antitrotona -
Pontevedrés -
Monchitgo -
E agora no 2010 e con Feijóo no goberno, que pasa? Temos lumes por todas partes, mortes, Feijóo de vacacións en SanJenJo, e o que é o peor temos CENSURA INFORMATIVA por parte da Xunta en relación os lumes, disque é polo ven de todos.
Feijóo, o que dicía que tiña tódalas solucións á crise, ó desemprego, que en 45 días os resolvería, que acabaría nun plis plas coas listas de espera, que no 2006 dicía que se el gobernara sabería como xestionar os lumes...Todo papel mollado.
Agora vemos a realidade: Galicia peor ca nunca, un goberno paralizado, Feijóo máis pendente de Madrid, das súas viaxes e das fotos e o único que fan é botarlle a culpa de todo a ZP, ó Bipartito...
Sempreengaliza -
Xa vai sendo hora de que se poña a traballar que non foi elexido (eu non lle votei por certo) para sair na foto ou nos medios madrileños.
E se non sabe ou non ten ningun programa que dimita e convoque elecions.
Fartos estamos moitos de que dende que chegou a Xunta so se adicase a desfacer o feito polo bipartito, atacar a lingua e privatizar.
Leboráns -