Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

XACOBEO DE PARTIDO

XACOBEO DE PARTIDO

 

 

 

         Difícil que alguén se lle ocorrera apropiarse do Xacobeo  e facer del un negocio de partido.  Como aquela película de ciencia ficción: o imprevisto ocurreu xa.

           Non se inverte en acondiciona-lo camiño, nin os lugares de descanso, pero hai chupe pra empresas vinculadas ó PP, aínda que non veña a conto o  seu cometido

          A administración de Feijoo, pródiga en negocios privados, non podía deixa ningunha cousa fora da chupantina.

             Prometera que en  tres meses ía arranxar os atrasos en dependencia. Cando xa estamos no ecuador da lexislatura, mais dun tercio das solicitudes aínda está sen valorar. A Conselleira do paro abriu unha nova fonte de negocio, onde a nade se lle ocorrería,  unha empresa privada vai facer as valoracións. Outro problema nace, os datos persoais vai dispoñer deles unha empresa.privada, sen que haxa garantía algunha de privacidade.

               Namentres comprobouse que a Conselleira do Paro estivo bo cobrando indebidamente axudas de custo. Ela di que non foi intencionado. O peto abríuselle e coláronselle as dietas dentro.

1 comentario

Broa -

E dicir que o Xacobeo escomenzou aló polos 90 cul dos maiores desfalcos que se recordan na autonomía galega, e que aquelles que se encheron os petos co invento sexan agasallados e adulados agora como heroes ou como se descubriran a pólvora. Incrible