ENCHEDEVOS, GALICIA INVITA
Con descaro, sen inmutarse o mais mínimo, Feijoo fixo do público unha fonte de negocios pra xente do partido. O Xacobeo séguelle unha longa restra de bos negocios; en sanidade, desbótase un centro como o de Montecelo, en Pontevedra, onde, non fai moito, se fixo unha inversión astronómica. Todo pra lle adxudicar un novo centro os amigos, ó mesmo tempo que Telmo e compañía dispoñen dunha nova zona pra especulación urbanística.
O novo hospital pra Vigo estará presupostado en tres veces mais do que o valorara o bipartito; eso que o proxecto do PP reduce o número de camas previsto nun 15%. Os beneficios teñen que ser gorentosos e inmediatos, os amigos do PP teñen moita ambición de grades beneficios: os vigueses, os galegos en xeral, serán os que pagan. Este tipo de iniciativa supón un endeudamento encuberto; unha carga impositiva diferida. En definitiva, mentiras.
No verán, calculadamente, pecháronse plantas enteiras dos hospitais públicos; como as doenzas non respetan datas, os doentes derívanse a centros privados, que están facendo o agosto, nun ca mellor dito. O Sergas, é dicir nos, paga..
5 comentarios
Anónimo -
Para iso xa está Feijoó abrindo as portas de par en par. A encherse toca!!!
o autor -
o autor -
Pontevedrés -
Este tío é un auténtico PROVOCADOR, un chulo, un prepotente.
Ou iso, ou está cego
Bértola -
Tamén viven do conto os das bandas de música, as polbeiras...tododiós!!!