Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

EGOLATRIA

EGOLATRIA

 

        Ter pechados centros despois de que se remataron fai dous anos, sen avances nas axudas os dependentes, aquelas que Feijoo prometera solucionar en tres meses, incremento paulatino do paro, nulas axudas ás mulleres como non leven un certificado de reza-lo rosario diariamente, son credenciais dabondo pra concederlle á conselleira do paro o título de coruñesa distinguida; o mellor os méritos teñen mais que  ver coa concesión dun millón de euros á empresa que lle deu o título. O mesmiño que Aznar cando quixo mercar a medalla do Congreso dos EEUU. Aquí parece que hai mais tomate. Hai quen vincula a empresa co financiamento do PP coruñés. De calquera xeito hai que ter en conta os seguintes datos: Negreira está no medio, un socio desa empresa está imputado, a empresa ten unha especial relación co PP e esta non foi a única  axuda. Canto contrasta coa subvención de 440 euros concedidos a unha asociación de Pontevedra pra limpeza de montes. Cada quen que saque as súas conclusións.

          Hai determinadas actuacións políticas difíciles de entender, mentres se lle enchen os petos a Crespo, as  axudas a dependentes levan un ano valorados e sen soltar un euro. Si hai cartos pros afíns, ¿cómo se abandona ós que a o necesitan mais?

0 comentarios