¿QUE SE PODE FACER CON 2.280 MILLOS?
Eu hai días que non os gano. 2800 millóns de euros servirían pra construír unha completa rede de hospitais públicos. Ese é o presuposto que a Xunta vai destinar ó que chama mobilidade. Mobilidade non; estudios de mobilidade. O que é o mesmo, reparti-los ós amigos.
Nestes tempos de mingúa de recursos económicos, fase mais necesario que nunca a aplicación daquel principio elemental da asignación axeitada dentro duns recursos limitados.
Este é o caso típico das accións de goberno do réxime freixoliano. Non goberna, espolia a Galicia; os mais culpables somos os propios galegos, empezando pola oposición. Parece que algúns a súa única función é quenta-lo escano. Asómbrame a placidez dos cidadáns ante os desmáns de Feijoo. Parecería normal que os vigueses montaran en cólera, non solo polo asunto do hospital, senón polo xeito en que ten marxinado á cidade. O mesmo Pontevedra, aturando as ocurrencias e boicoteo ó goberno municipal de Telmo, culminado co hospital e a paralización da rolda urbana. Non é menos a Coruña, co abandono da ría do Burgo, os caneos da terceira rolda, pra que apareza o alcalde como o culpable do atraso.
0 comentarios