UN CANEO
O austero Feijoo estaba atrapado coa pregunta que o PSOE presentara no Parlamento pra que explicara por qué se rescindiu o contrato á empresa que estaba construíndo a vía rápida da Costa da Morte e se lle adxudicara a outra empresa con un sobrecusto de 400 millóns de euros. Xa facía tempo que o PSOE viña pedindo documentación do expediente, o PP sempre respondía cunha táctica evasiva, facilitando documentos aislados e insubstanciais; polo cal o PSOE non tivo mis remedio que presentar unha pregunta sobre o particular no Parlamento; a resposta do PP foi cesar á Directora de Infraestructuras; así intentan baleirar de contido a pregunta e responsabilizar da falcatruada á Directora, desviando á responsabilidade do cártel de Pontevedra e do mesmo Feijoo.
A construcción da vía da Costa da Morte é un episodio mais da corrupción do goberno de Feijoo. Un vía que debía estar a punto de finalizarse, pero que parece que o PP vai demorar sine die. Hoxe aínda se recordará a patética imaxe dos alcaldes peperos da Costa da Morte, ós que o Conselleiro de Infraestructuras despachou, como os indios, con abelorios e palmadiñas.
0 comentarios