Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

REGRESION NO ENSINO

REGRESION NO ENSINO

 

           O ensino público en Galiza camiña cara a marxinalidade e a precariedade. En tódolos niveis educativos se está reducindo efectivos, e se trata de facer un apostolado entre os docentes pra que secunden as políticas de Feijoo. Non é sorprendente este acoso ó ensino público, ó mesmo tempo que se incentiva o ensino privado, especialmente o relixioso e o comprometido ideoloxicamente coa causa. É no ensino público onde se prevee unha maior oposición á política   evanxelizadora  de Feijoo. O seu proxecto de converter os centros de ensino en reservas ideolóxicas  dun pensamento ultraconservador, choca  coa postura  de non poucos docentes, partidarios dun  ensino desleoxilizado.

          Co seu manido pretexto de preserva-la liberdade, está atacando os cimentos mesmos da convivencia e creando problemas onde non os houbo. Franco xa utilizou, nunha situación algo similar, o termo liberdade pra sumir ó pais nunha longa noite de atraso, ideoloxía e  represión. Con métodos mais sutiles, aínda  que non lle importaría, nin lle faría ascos á represión se fixera falta, Feijoo quere volvernos, con complicidade de múltiples caciques rurais   e baróns urbanos á senda  marcada por unha política de ultradereita, cun capitalismo feroz, e a destrucción sistemática de calquera atisvo de identidade do pais.

 

2 comentarios

Recatelo -

Feijoo leva ata as máximas consecuencias os principios clásicos liberais de que o Estado teña a menor intervención posible, en aras de promover a liberdade.
O problema destas políticas é que esquecen que a protección dos máis débiles, sexan persoas ou linguas minoritarias, queda ao descuberto e terminan por ser esmagados.
Pero supoño que iso pouco lles importa...

Voltaire -

O acollonante é o chamamento de Feijoo para que os partidos da oposición non fagan da ensinanza un debate político.
Con dous collóns!!! Fan o que lles peta, desmontan todo o que poden...e por riba pretenden que lles aplaudan coas orellas