A PROBA DO ALGODÓN
A votación no Congreso, da transferencia a Galicia en materia de tráfico, a mais dun resultado clarificador, tamén se viu a imaxe patética de deputados votando no Congreso o contrario do que antes votaran no Pazo do Hórreo.
A transferencia da competencia en materia de tráfico non é unha cuestión tan esencial; pero si non a tomamos como unha cousa aislada, senón que examinamos o que está no conxunto da cuestión; entón si é importante. Polo de pronto evidencia o nulo peso de Galiza na política do Estado. Nin o PSOE, nin o PP teñen a mínima dúbida en ningunea-lo Parlamento de Galiza e os líderes autonómicos dos seus partidos. Tamén salienta o papel e a personalidade dalgúns Deputados, meros pesebristas que solo está alí pra chuza-lo botón que lles ordenala pun.
Pensei que Feijoo desta vez ía estar calado; pero este ínclito personaxe non se pode resistir cando lle poñen un micro diante.
Como é normal nel, a culpa solo é do PSOE. Esta falta de realismo e de ríspeto á verdade, colócalle fronte a súa responsabilidade de presidente, principal responsable da autonomía que goberna, tanto de propios como de alleos.
Xa vexo os policía autonómicos vestida de gaiteiros; en lugar de pistola levarán unha gaita, e en lugar de deter a un delincuente tocaranlle unha muiñeira. Moi folclórico
0 comentarios