Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

OS DEPREDADORES

OS DEPREDADORES

 

       O Triunfo de Feijoo nas autonómicas supuxo, entre outras cousas, que determinados grupos de interese vexan a veda levantada pra facer negocios millonarios, á costa do empobrecemento e a ruína do pais. Iberdrola, non solo fai o que quere nos ríos, tamén se vai facer coa propiedade de montes comunais. Pescanova, que tiña un oso difícil de roer co bipartito, acadou o seu soño de facerse con  Touriñán. O da instalación dunha piscifactoría é un simple engado, pois non solo adquire a propiedade dos terreos, senón que logra que se descatalogue como espacio natural pra sementar, no futuro, aquela singular paisaxe de ladrillo. Recoletos tres, próximo ó PP, xa lle meteu o bocado o hospital do Centro Galego de Bos Airees. A sanidade galega é un magnifico campo de negocio. San Rosendo ocuparase das residencias, xa sexa  directamente, ou a través de terceiros. Pra impartir   cursos de formación está, ademais de Crespo, outros vencellados ó poder, e así un rosario. Alí onde se vexa un euro, sempre haberá alguén vencellado a Feijoo pra recollelo.

      Non hai diñeiro pra infraestructuras, educación pública ou sanidade pública; os servicios sociais, ou desaparecen ou se recortan, pero aí están esas axudas á prensa, recentemente aprobadas, por case dous millóns  de euros, que se repartiran con criterios de estricto beneficio electoral pro PPg.

5 comentarios

Un máis -

Veña home, xa está ben... non haberá cartos para financiar servizos, pero carallo!! para sair na foto sempre hai.
Non haberá cartos para as cociñeiras dos colexios pero si para darse unha comilona entre conselleiros, nin haberá cartos para amañar as escolas pero si hai cartos para pagar a eses asesores dos politicos... en Fin
Unha P...a Vergoña... Basta xa de burlarse dos que os votan... que tamén os podemos BOtar

Anónimo -

O que tiñan que crear é un clube de perxudicados por Freijolito. Leva case dous anos de des-goberno e o único que fixo foi desfacer a feito.
Agora arremete contra os servizos públicos coa súa estratexia neoliberal.
A culpa de quen é? Dos que votan ao PP

Castrelos con cachelos -

Si algo me alegra da noticia dos recortes de servizos públicos é saber que os seus votantes tamén se verán perxudicados...que se fodan por parvos!!!
Malia que non será así para os amigos, altos cargos e empresarios da sua corda.

Manuel García -

Polo visto, é máis importante traer, con gastos disparatados, ao Papa, (3 millóns de euros, logo seguro que se "descubre" que é moito máis) que subvencionar servizos públicos como os trens coruña - monforte ou coruña - ferrol , baratos, moi cómodos ainda que non excesivamente rápidos, e usados normalmente por xente maior, ou que non dispón de vehículo propio.
Esas son as preferencias do PP.

Bartolomé -

Hai que ver que ben lle vai esta crise económica aos que agardaban cos dentes afiados para terminar co Estado do Benestar: Freijolitos, Aznares, Aguirres e demáis calaña.
Os servizos públicos moléstanlles, por iso miran de quitalos para servirllos en bandexa ao gran capital. Ídevos preparando