NON É CULPA MIÑA
NON É CULPA MIÑA
Diante do fracaso do goberno bonsai pra gobernar Galiza, méntese como sempre, buscase un culpable externo, o que responsabilizar da parálise administrativa, das eivas clamorosos e entretense ó persoal con inimigos inventados; inimigos, en todo caso do PP, non de Galiza.
De pouco serve contar cuns ingresos elevados si non se empregan dun xeito adecuado; non chega con enganar, dicindo que se reduce o gasto na Administración e o incrementa en case 3 millóns de euros, coa creación dos Superdelegados, mantendo toda a infraestructura periférica, aínda que mudándolles o nome, (gasto en cartelería e incremento de niveis), o que orixinou un incremento de gasto, por este concepto, de millón e medio de euros. A nivel Central refunde varias consellerías; o único que suprime é os conselleiros, continua toda a organización administrativa, incluída a periférica. Hai un incremento de case 300.000 euros en nova cartelería e outras menudezas. ¿Ónde está o aforro?.
Tíranse mais de seis millóns de euros en libros de ensino en galego, dáselles unha financiación extra ós colexios privados que asumen o decreto do xenocidio.
Prescíndese do ingreso de quince millóns de euros polas segundas residencias.
Repártense incomprensibles subvencións ós amigos, mentres mingúan os orzamentos de inversións; fanse fastosos actos; como os de Soutomaior ou Silleda, mentres se pechan comedores escolares.
Non se gasta un euro nos saneamentos das rías de Ferrol e da Coruña, así como noutros focos de degradación ambiental.
O PPg está intentando achanza-lo terreo pra xustifica-lo deterioro dos servicios públicos, dicindo que Zapatero lle recorta a financiación a Galiza. A financiación é a pactada por Feijoo é a que se aplica; si está mal é recoñecer que é un inepto. Se usa a financiación como coartada entón, ademais dun escapista, é algo mais que non se debe dicir. Se a Facenda galega está tan mal de recursos como se xustifica que prescinda de 15 millóns de euros que ingresaba polas segundas residencias. Ah, xa o sei: as segundas residencias téñenas xente que pode e pro PP os impostos solo os pagan os pobres, os que non teñen, nin sequera, primeira residencia.
MAIS ENSINO
No diario O XORNAL, Telmo, candidato a alcalde en Pontevedra polo PPg, opina sobre a educación, en

0 comentarios