Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

MAIS ENSINO

         No diario  O XORNAL, Telmo, candidato do PP  a alcalde en Pontevedra polo PPg, opina sobre a educación, en concreto sobre o ensino. Xa non se trata de que el non sexa o indicado pra falar do tema.  A mais de non ter ningunha cualificación académica que garante un mínimo de coñecemento pra saber do que fala. Un político con un mínimo de sentido común debe ter algo de coñecemento do que opina, senón mellor ser prudente e non mete-la zoca.

         Segundo Telmo García o axuntamento, con uns recursos moi limitados, debera abandonar outras funcións mais domésticas e destinar cartos ó ensino, enchendo así a lagoa creada pola Xunta ó dar preferencia ó ensino privado, de tipo relixioso e ideolóxico da dereita dura.

          Que o candidato a alcalde diga esto, debería ser suficiente pra unha reacción cidadá. Despois de que Feijoo recortara os recursos do ensino público, esta parrafeada dálle a un gañas de apearse do mundo. Cada pobo ten o que se busca.

          Teño unha inquedanza grande. O 40% dos pais que elixiron que fora o galego a lingua preferente no ensino dos seus fillos,solo un 12% foi atendido.

          Feijoo, que alimentou o menstruo de  Galicia Bilingüe, dorme gustoso nos seus brazos, e fai fintas, como a do ofrecemento do consenso lingüístico, a súas declaración dicindo que é o primeiro comezo de curso con paz lingüística.Tamén o enterrador fixo unha interpretación particular do Auto do TSXG, sobre a suspensión cautelar do Decreto, como si xa entrara no fondo do asunto.  Con todo, hai algo positivo, Telmo non opinou.

2 comentarios

Anónimo -

Vaia pedazo de alcalde que se lle ven enriba aos pontevedreses. Menuda xoia!!!

Pontevedrés -

Que Telmo é un imprudente e un demagogo sabémolo todos na boa vila. Mágoa que probablemente sexa o que queren moitos pontevedreses aos que este titiriteiro acáelles como anel no dedo.
Efectivamente, ao final, cada pobo ten o que merece.