XOGUEMOS
Os peixes morren pola boca. Tamén os políticos sofren as contradicións das súas declaracións; y é que pensan que teñen o poder de votar un sortilexio e que imos a esquecer o que dixeron. Non fai moito que a Conselleira Farjas encolerizouse , cando a anterior Ministra de Sanidade suxerira a necesidade de un acordo pra limitalo gasto farmacéutico. Naquela, sen necesidade de discutilo, a Conselleira xa se opuxo, e dende os medios de información lanzou toda clase de babosadas contra do goberno Central, dicindo que eran solo prantexamentos políticos. Curioso, agora tamén di que a posición do Goberno Central é solo política. A medida introducida pola Conselleira non alcanzará un significativo aforro, pero si unha gran lea. A prestación sanitaria é unha cousa moi seria pra que un goberno de irresponsables a utilicen como arma política. Aínda que é unha declaración solo formal, a Constitución proclama a prestación dun servizo igual a tódolos españois, con independencia do territorio onde residan. De aí que os xogos da Barjas sexan perigosos. É comprensible, ata certo punto, que un goberno que non concibe a Sanidade como un servizo público, senón como un negocio, se permita politiza-lo tema e banalizar con algo tan serio. Se queremos manter viable a sanidade como servizo público haberá que racionaliza-lo gasto; cousa distinta é que intentemos sementa-lo caos pra privatizala, ou pra romper España.
0 comentarios