CREDIBILIDADE
Os nosos políticos, Xunteiros, escandalízanse por que lles reprochan luxos e despifarros. Rreclámannos credibilidade. O gato de escaldado a auga fría ten medo. Os galegos sabemos das mentiras que nos contaron o par de trileros, sobre os audis, sobre as cadeiras, sobre as viaxes e tódalas historias que se lles ocorreron. Reclamar agora credibilidade en quen tanto mentiu e como pretender que creamos que os paxaros maman. Reclamar credibilidade en quen nos vende austeridade e se vai de garula, mentres a maioría dos galegos non chega a fin de mes; claro que os probes non deben pretender comer tres veces o día, porque iso é un luxo. Reclamar credibilidade en quen se autoproclama responsable e deixa o goberno o pairo nun momento de urxencias, cunha fonda crises económica e social, á que se engadiu a natureza. Reclamar credibilidade en quen ía soluciona-lo paro e pasou a cabeza da destrución de emprego. Reclamar credibilidade en quen prometeu incrementa-la asistencia social e a ten conxelada. Reclamar credibilidade en quen practica o escurantismo informativo, a corrupción nas concesións administrativas e no acceso á función pública. É moito pedir.
0 comentarios