FRACASO
A inauguración da Cidade da Cultura non se fixo no medio dunha ledicia, do que debería ser unha explosión de goce e orgullo, pola contra, foi un acto triste e frío, un reflexo do tamaño do disparate. A fría acollida, a indiferenza con que foi acollido o acto, dá idea do entusiasmo que provoca esa faraónica e inútil obra, un exemplo do mal uso do diñeiro público, ó que nos levaron as maiorías absolutas dun partido político caído no edonismo e na megalomanía.
Non son os tempos de crise os que fan da Cidade da Cultura o meirande disparate concibido por un ser humano; son as comparanzas no uso de fondos públicos; pois mentres se di que se ten recorrer á iniciativa privada pra construír estradas e hospitais, fúndense millóns de euros nun inútil proxecto, que unicamente responde a un afán de gloria, pra eternidade, como o Val dos Caídos, que foi donde naceu a idea.
O BNG non asistiu o acto de inauguración, por non estar de acordo co despropósito de emprega-los fondos públicos nunha obra inútil e costosísima, cando se di que non hai diñeiro pra asistencia socias, pra sanidade, pra infraestruturas.
Cando gobernou o bipartito perdeuse unha oportunidade pra poñer un pouco de sentido común no asunto, pero á Conselleira Bugallo e a Touriño faltoulles valor pra face-lo, e agora lamentarémolo sempre. Claro que iso sería darlle unha munición á demagoxia do PPg; É hora de que a oposición pida contas ó PP, se non quere ser cómplice.
Os de visitantes son escasos, pero o m ais grave é que o principal motivo polo que acuden é pra comprobar en que se gastou o diñeiro.
0 comentarios