Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

NIN CON BULA

NIN CON  BULA

 

         Nin o Xacobeo, nin a visita do PAPA impediron que Galicia liderara a destrución de emprego entre as Comunidades Autónomas de España. Non surtiu efecto a bendición PAPAL, aínda que quizá foi que non se mercara a bula;  xa se sabe que con cartos poderíamos conseguir unha gracio do PAPA. A culpa non a tivo Feijoo, nin Rueda; aínda que a ningún dos  dous non se lles da ben o de traballar, eles intentárono; foron os galegos Que lle volveron as costas ó PAPA e foron vítimas do castigo divino do paro. Porque xa se sabe: o paro é un castigo divino; mais pra moitos sería unha bendición telo. Nada ten que ver coa ineptitude de  Feijoo, nin do seu goberno bonsai. Feijoo xa prometera en campaña electoral que o paro arranxábao en tres meses; claro con solo prometelo non chega; en lugar de arranxalo desbocóuselle     como  un cabalo bravo. El non se presentou pra amansar cabalos bravos, o seu é gobernar burros mansos. A promesa, o mesmo que outras, fíxoas porque se lle quentou a boca.

        Aquelas estulticias de Rueda presentando os logros do Xacobeo e a visita do PAPA, parece que non se reflectiron na realidade.  O xacobeo non se soubo aproveitar, que por si solo non chegaba, que hai que encauzalo e potencialo; as políticas ultraliberais non funcionaron. Pero, qué sería da economía galega sen o Xacobeo, si tan beneficioso foi; andando o tempo o veremos

0 comentarios