DIMENSIONADO
O gasto pra colleita de votos na emigración ten que ser redimensionado; iso é o que quixo dicir Camba, ese muñidor de votos que Feijoo ten pra emigración. Il falaba referíndose ó hospital de Bos Aires.
Logo de que a privatización fora un fracaso, e suprimi-la fundación Galicia Saúde, votoulle a culpa da desfeita ó bipartito ó judaismo internacional e ós grandes expresos mundiais. Todo menos recoñecer que xa lle anticiparan á empresa, que ía xestiona-lo hospital, unha boa suma de diñeiro, que agora se esfumou, e que o goberno galego é todo menos un goberno. Eficiencia e austeridade son termos que o goberno bonsai ignora, ou descoñece o seu significado.
Estes bos gobernantes arman lameiras e logo queren que o papá Estado se faga cargo da desfeita: Iso foi o único que se lle ocorreu a Camba.
Que se fale de austeridade e se monten embaixadas paralelas ás do Estado, sen reparar en gastos, co único fin de controla-los emigrantes e ter un pebideiro de votos cautivos, resulta dun hipocrisía incrible.
0 comentarios