BATENDO RECORDS
Hai records que era mellor non ter. Galicia baixo o goberno de Feijoo está a bate-las cifras do paro. Pero ten unha estratexia oculta inspirada na política de Baltar. Combaterá o paro enchufando ós parentes do PP. Non é nepotismo, é a nova política de emprego do PPg. Xa o dicía Cacharro os do PP teñen uns xenes que fai deles os mellores opositores do mundo. Aínda que alguén que dubide da imparcialidade dos tribunais, ou das artes de meter xente como si fora o público un supermercado de colocación do PP. Dese xeito o paro seguirá afectando a moitos galegos, entrementres, a falta de moralidade fará que a algúns a crise lles esvare. É o código ético do PP, que cando lle interesa sácao, e cando non, méteo no caixón; o que se chama unha moral de quita e pon.
0 comentarios