Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

DEMAGOXIA E PARO

DEMAGOXIA E PARO

         O paro lacera a sociedade;  é unha pesada lousa nas costas de moita xente; unha nube que ensombrece  o futuro do pais. Galicia, e xa leva meses, lidera a destrución de emprego. Qué fai o goberno galego mentres tanto: nada.  Entristece ve-la preocupación de Feijoo e os seus conselleiros bonsai polo panorama social de Galicia, pero tamén desconsola ver a unha oposición desnortada que non lle esixe a Feijoo que goberne en  lugar de andar de viaxe  polas españas.

        Sentinme asombrado pola ocorrencia do orondo e ben mantido, candidato do PPg de Pontevedra, votándolle a culpa do paro ó alcalde.  As competencias de emprego tenas, en exclusiva a Xunta, i é a quén lle hai que esixir responsabilidades, pero si con esas artimañas conseguen desvia-la atención dos responsables, a culpa é toda do PSOE  e do BNG.

         Os concellos son os primeiros que deben manifestarse preocupados polo paro. Se os alcaldes e concelleiros do PSOE e o BNG non lles preocupa a situación dos veciños do concello, non sei que é o que lles pode inquietar e removerse nas súas cadeiras. É natural que diante da quietude dos políticos municipais xurdan demagogos como Telmo Martín,un  personaxe que demostrou nadar en turbulentas augas.

         Se a Conselleira de Traballo é unha inepta, un floreiro no consello, a culpa é de Feijoo. Qué Galicia coa súa estrutura produtiva lidere a destrución de emprego debía acende-lo pais.

         Os Concellos debían celebrar debates monográficos sobre o tema, i esixirlle unha solución a Feijoo, e unha igualdade de trato na distribución de fondos. Non se entende como a Xunta lle da ó Concello o triplo por un parado se o Concello é do PP. Con isto non se debe tragar. Mocións en tódolos Concellos.

0 comentarios