MAIS DUN CULPABLE
De certo que Negreira é un home de moral distraida; solo así se entenden moitos chanchullos que deixou por alí onde pasou, sendo un dos casos mais sonados o do porto de Sada. Sada foi pro PP a Marbella galega; non solo era Negreira, dende o Grupo de Portos, o que repartía prebendas; todo o que tiña unha parcela de poder dentro do PP repartía algunha prebenda pra explotala en Sada, o que atopaba coa comprensión do entón alcalde do PP. Sada non é o único espacio onde o PP campaba as súas anchas, aínda que era coñecida coma a vila sen lei, unha vila na que non solo se ignoraba a lei, senón as Sentencias Xudiciais, que xeraba a particular situación de Sada. O Porto de Sada, grazas ó goberno da Xunta, segue toreando as sentencias xudiciais, aplicándoas como lle parece. O inefable Negreira, que deixou tanta sucidade en Sada, agarda facerse coa Coruña pra que se ensombreza e se recorde como unha minucia o de Sada; pra elo non regatea en demagoxia.
0 comentarios