Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

MORALIDADE Á CARTA

MORALIDADE Á CARTA

         É mais que aconsellable volve-la vista atrás e sacar ensinanzas da campaña electoral das autonómicas, mais cando o PP confesou que vai repeti-los mesmo plan da campaña das autonómicas. O PP pode abanear e sacar supostos temas de corruptelas, ou inventalas; porque iso fai mella no electorado, tanto do PSOE como o do BNG; pola contra o electorado do PP é mais comprensivo coa corrupción. Os dirixentes do PP son moi conscientes deste feito e explótano. Fai ben pouco vímolo cos alcaldes da Costa da Morte, tapados e protexidos polo PP, incluso se di que lles pode favorecer electoralmente; similar paradoxo dáse cos tránsfugas. Asemella como si a corrupción fora como un esterco máxico que lle dera forza ó PP. Por un caso moito mais leve que os dos alcaldes da Costa da Morte, o PP pediu a dimisión dun concelleiro de Ourense e o concelleiro non quixo que a dúbida alcanzara a súa xestión e  dimitiu; o mesmo que o PP, coa súa moralidade á carta.

0 comentarios