O PLAN DO QUE NADE VIU
Dixo Cospedal que Feijoo tiña un plan contra do paro, os mais e 50.000 titulados superiores en paro están ilusionados, xa que Feijoo pensa neles e ten un plan. Nas Universidades galegas púxose de moda un novo xogo que consiste en busca-lo plan de emprego de Feijoo, ese do que falou a Cospedal, pero que nade viu. Xa buscaron en San Caetano, como nos despachos non atoparon nada, foron á cafetería, por si alí se atopaban os cerebros da Xunta, non puideron entrar porque xa non cabía mais xente. Recomendoulles un señor d traxe, na Xunta solo visten traxe os Ordenanzas, Conselleiros e algún Director Xeral; así que o informante debía ser un deles, que fora a Monte Pío, que alí vivía unha especie de Merlín, que tiña resposta pra todo. !O que alí atoparon!. Visto que en Santiago non atoparon nada saíron en grupos pra percorre-los montes do interior de Galicia; nas Burgas alguén lles falou de Baltar, que tiña o mesmo plan que Feijoo, pero que non alcanzaría a colocar os 50.000, ademais tiñan que ter un ligazón co PP. Como a resposta non lles satisfacía buscaron nas covas, atoparon o normal: Escuridade
0 comentarios