GRAN ÉXITO
O Gaias, ese magno proxecto do PP pra Galicia, ese furado negro no que se sumen millóns de euros, tan necesarios noutros eidos, é un éxito de visitas. Os servizos de seguridade levan contabilizados, así a ollo, 40.000 visitantes. O Gaias é un punto visitado pola xente da terceira idade. A cotío vese autobuses que descargan visitantes como si de unha mercaduría se tratara. Unha mercaduría cautiva e valiosa, cautiva porque os conducen alí a forza como gando; valiosa, porque non critican. A calquera se lle pon cara de parvo cando ve circular a eses visitantes cara a biblioteca e pregúntase un qué lerán. A maioría con bastóns, que tamén son contabilizados., como fixeran os portugueses naquela batalla contra dos casteláns, na que contaban os combatentes castelás polo número de cascos de cabalo. A recompensa, un café e uns bolos na cafetería. Moi posible que Feijoo vexa ó xeito de rentabiliza-lo Gaias converténdoo nun macroxeriátrico, centro de encontro da terceira idade.
Algún visitante, con cara de despistado, que se deixa caer por alí, tampouco se lle ve lendo, véselle comentando sobre o edificio e manifestando a súa incredulidade de que se metan alí tantos cartos.
0 comentarios