O CONQUISTADOR
Feijoo presumiu no cocido de Lalín de frear o avance do galego e soterralo. Tódolos peperos gorróns que se encheron os bandullos a conta nosa, gabaron a figura de Feijoo e asentían coa cabeza. O que moi ben podía ser debido o exceso dos vapores etílicos, non eran tal; eran declaracións feitas dende o convencemento de que o fixera ben. Nada raro se o producto e froito dos toxos de Belesar; aínda que non hai que ser tan enxebre, nin ser nado entre os toxos. Chega ver internet de ese señor amigo do Deputado do PP Cobián en Oleiros. Entre o mellor trigo medra a zizaña. Nunhas declaracións á prensa reafirmouse nas declaracións do cocido sobre o galego, sen que explicara por qué non deu os resultados da enquisa feita ós pais dos alumnos sobre sobre o galego. A citada enquisa foi sometida a un proceso de cociñado; aínda así non era asumible por Feijoo
0 comentarios