CONTRA AS CORDAS
NCG aca de nacer e xa se atopa a veira do abismo e apiques de caer nel. As zancadillas que lle pon o regulador son difíciles de superar pra caixa galega. Non son as mesmas, denuncian, pra todos. Verdade a medias, e como tódalas verdades a medias, deslízanse moitas mentiras e aproveitase pra leva-la auga pro muiño propio. As caixas foron utilizadas por algunhos gobernos autonómicos pra soluciona-los seus problemas de tesourería, pra saquea-los seus recursos e facer política con eles. Digamos que era un xeito de acadar diñeiro doado. Caixa Galicia atopábase con dificultades de viabilidade, que lle endosou, coa fusión, a Caixa Nova. Seguro que Feijoo sabe moito deso. Que o PPg fale dos seus manexos e non veña Feijoo desviando as responsabilidades solo pra Zapatero; porque el tamén as ten, moitas e moi graves. Por certo ¿ qué fai?, falar, dicir estulticias na súa hora particular do anxelus mitinero. El quería seguir manexando a caixa recen creada, non naceu como el quería, pero o mais irracional é a súa política de confrontación, tanto coa oposición como con Madrid, porque a el non lle interesa Galicia, interésalle destruí-la oposición, a que ten visualizado como o seu inimigo.
Foi curiosa esa pantomima que montaron PSOE e PP no debate do estado da autonomía, no senso de defende-la viabilidade de NCG, cando foron eles mesmos os causantes do problema
0 comentarios