ABURRIMENTO
Non sería raro que o debate do estado da autonomía camiñe cara a atonía, cara un esmorecemento, á que o encamiña os repetitivos e previsibles discursos de Feijoo. Non dixo nada novo, nada que non dixera xa. Aínda que fai o contrario, que despilfarra en gastos correntes e que ten a man aberta pra subvencionar ós que lle fan favores, insiste na austeridade, porque iso aínda que sexa certo, a medias, vende. Feijoo é austero co gasto social e coas inversións, Chega con ver a situación do pais; cando o poñen fronte os feitos, sae con que non é competente. Niso di a verdade, porque é un incompetente.
Feijoo desenrolou a táctica de durmi-lo partido. Posiblemente esa fora unha das razóns polas que o debate careceu des frescura. O PSOE notóuselle maniatado pola dependencia de Moncloa. A Moncloa era o lugar de debate preferido de Feijoo; pois unha e outra vez, fixo a Zapatero responsable do seu letargo; falaba como un enviado especial de Xénova, aparcando os asuntos de Galicia. De Galicia Feijoo volveu a repetir as mesmas promesas e os mesmos tópicos de sempre. O representante do Bloque atopouse no medio dun debate no que Galicia solo era un peldaño; os problemas de Galicia resumíanse en vellas promesas, mil veces prometidas e outras tantas incumpridas. O resto, era Zapatero protagonista.
0 comentarios